AXUDA EMEGA 2026

Pechado.
Tramitación das axudas ata:
Pechado.

Axuda Descrición

EMEGA 2026

OBXECTIVO

Programa de axudas da Consellería de Política Social e Igualdade destinado a apoiar a creación, consolidación e reactivación de empresas promovidas por mulleres en Galicia, así como favorecer a conciliación da vida persoal, familiar e laboral.

BENEFICIARIOS

Poderán solicitar a axuda:

  • Autónomas.
  • Microempresas e pequenas empresas.

Sempre que:

  • estean constituídas maioritariamente por mulleres;
  • teñan domicilio social e fiscal en Galicia;
  • desenvolvan a actividade en Galicia;
  • inicien a actividade ou executen o plan de mellora entre o 14 de agosto de 2025 e a finalización do prazo de presentación de solicitudes.

Quedan excluídas as actividades de pesca, acuicultura e produción primaria agrícola.

LINEAS

EMEGA EMERXE

Para a creación de novas empresas promovidas por mulleres e creación de emprego feminino estable.

EMEGA IMPULSA

Dirixida á consolidación, reactivación ou mellora da competitividade de empresas xa existentes mediante actuacións como:

  • renovación de instalacións;
  • compra de maquinaria;
  • implantación de novas tecnoloxías;
  • cambio de localización;
  • melloras produtivas.

EMEGA INNOVA

Para proxectos innovadores, científicos ou de base tecnolóxica promovidos por mulleres.

EMEGA CONCILIA

Axuda complementaria ás modalidades anteriores para favorecer a conciliación.

  • Modalidades:
  • Concilia Promotoras.
  • Concilia Persoas Traballadoras.

CONTÍA DAS DIFERENES AXUDAS

Liña Emerxe: (determinase polo número de postos creados con carácter estable para mulleres)

  • Incentivo de 10.000€ as empresas que creen o posto de traballo da promotora.
  • Incentivo de 16.000€ as empresas que creen dos postos de traballo para mulleres, por conta propia ou allea con contrato indefinido, incluíndo o da promotora ou promotoras.
  • Incentivo de 20.000€ as empresas que creen tres postos de traballo para mulleres, por conta propia ou allea con contrato indefinido, incluíndo o da promotora ou promotoras.
  • Incentivo de 22.000€ as empresas que creen catro ou máis postos de traballo para mulleres, por conta propia ou allea con contrato indefinido, incluíndo o da promotora ou promotoras.

Liña Impulsa: (determínase polo número de postos existentes na empresa, como consecuencia do mantemento ou incremento do emprego preexistente)

  • Incentivo de 8.000€ as empresas que manteñan o posto de traballo da promotora.
  • Incentivo de 12.000€ para empresas con 2 postos de traballo para mulleres, por conta propia ou por conta allea con contrato indefinido, incluíndo a promotora ou promotoras.
  • Incentivo de 14.000€ para empresas con 3 postos de traballo para mulleres, por conta propia ou por conta allea con contrato indefinido, incluíndo a promotora ou promotoras.
  • Incentivo de 17.000€ para empresas con 4 ou máis postos de traballo para mulleres, por conta propia ou por conta allea con contrato indefinido, incluíndo a promotora ou promotoras.

Liña Innova: (determínase polo número de postos de traballo creados con carácter estable para mulleres, por conta propia ou allea con contrato indefinido)

  • Incentivo de 18.000€ as empresas que creen o posto de traballo da promotora.
  • Incentivo de 27.000€ as empresas que creen dous postos de traballo para mulleres, por conta propia ou allea con contrato indefinido, incluíndo o da promotoras ou promotoras.
  • Incentivo de 32.000€ as empresas que creen tres postos de traballo para mulleres, por conta propia ou allea con contrato indefinido, incluíndo o da promotoras ou promotoras.
  • Incentivo de 42.000€ as empresas que creen catro ou máis postos de traballo para mulleres, por conta propia ou allea con contrato indefinido, incluíndo o da promotoras ou promotoras.

Liña Concilia:

  • Concilia – Promotoras, incentivo de 3.000€ por empresa, sempre que formen parte de ela algunha promotora con fillas ou fillos menores de tres anos na data de finalización do prazo da xustificación da axuda.
  • Concilia – persoas traballadores por conta allea, incentivo por un máximo de 5.000€ por empresa.

REQUISITOS COMÚNS

  • Microempresa ou pequena empresa.
  • Domicilio social, fiscal e centro de traballo en Galicia.
  • As promotoras deberán estar dadas de alta na Seguridade Social ou mutualidade correspondente.
  • Plan de negocio viable técnica, económica e financeiramente.
  • Mantemento da actividade e do emprego durante 18 meses.
  • Non ter percibido axudas EMEGA nas convocatorias 2021-2025.

CONCORRENCIA

Competitiva mediante baremación

COMPATIBILIDADE CON AXUDAS

SÍ. Mínimis

PRAZO SOLICITUDE

04.07.2026 ata 03.08.2026

Información e tramitación axuda:

Tlf: +34 601 544 514

@: info@dmsubvencionaxuda.com