Axuda Descrición
MELLORA DAS INFRAESTRUTURAS TURÍSTICAS DE ESTABLECEMENTOS DE ALOXAMENTO e RESTAURACIÓN TURÍSTICAS
|
|
OBXETIVO
|
A mellora das infraestruturas dos Establecementos Turísticos de Aloxamentos e Restauración de Galicia.
|
|
BENEFICIARIOS
|
Autónomos e Pemes titulares de:
- Establecementos hostaleiros, campamentos turísticos, establecementos de turismo rural, apartamentos turísticos e albergues turísticos.
- Restaurantes (non se inclúen bares e cafeterías).
- A actividade turística de aloxamento e restauración no establecemento para o que se solicita subvención deberá acreditarse ter unha antigüidade non inferior a 5 anos a partir da data de solicitude da axuda (tanto a actividade como o establecemento). Para estes efectos tomarase como data de referencia para o cómputo da antigüidade a data de alta no REAT.
- Deberase obter un mínimo de 40 puntos dos criterios de avaliación
Os datos que figuren no REAT relativos ao establecemento, á súa titularidade e representación deberán coincidir cos datos facilitados pola persoa solicitante da subvención. Se o representante legal non é o mesmo que figura no REAT, esta condición deberá acreditarse coa presentación da solicitude.
|
|
CONTÍA
|
Max. 60.000€
|
|
% AXUDA
|
Ata un 60% (dependerá da puntuación optida)
|
|
ACTUACIÓN SUBVENCIONABLES
|
- Actuacións dirixidas á mellora das condicións de accesibilidade e á eliminación de barreiras arquitectónicas.
- Obras dirixidas á mellora das instalacións co obxectivo de obter certificacións de calidade, especialmente a Q de Calidade Turística.
- Actuacións dirixidas á adaptación ás modificacións normativas e á mellora da clasificación do establecemento que supoña un incremento de categoría.
- Actuacións de renovación e modernización das instalacións e estabelecemento da contorna da instalación.
- Equipos móbiles necesarios para o seu funcionamento.
- Actuacións de mellora da climatización que favorezan a sustentabilidade coa implantación de medidas de aforro enerxético, así como a instalación ou mellora de sistemas de extracción e renovación de aire.
- Accións de dixitalización dos sistemas de xestión e comercialización do establecemento.
- Adaptación dos sistemas de seguridade e saúde na prestación de servizos.
|
|
GASTOS SUBVENCIONABLES
|
Investimentos netos realizados de proxectos de acordo cos requisitos e criterios sinalados no apartado anterior.
Son subvencionables os gastos realizados entre o 1 de xaneiro e o 31 de outubro de 2026.
Ademais dos gastos de construción vinculados á execución do proxecto, serán gastos subvencionables os servizos profesionais vinculados ao proxecto, tales como honorarios técnicos de redacción do proxecto e dirección de obra. As tarifas técnicas non superarán o 6% do investimento neto admitido.
Non é subvencionable:
- Adquisición de terreos, edificios, locais e elementos de transporte.
- Gastos correntes da empresa e adquisición de material non inventariado, así como artigos de cociña e comedor (vaixela, cubertos, cristalería e pequenos utensilios), artigos de dormitorio e baño, e adquisición de bens de embelecemento e decoración de estancias.
- Obras de mantemento do establecemento, entendidas como aquelas que se realizan periodicamente para manter o edificio en perfecto uso (limpeza de cunetas, pintura, reparación de carpinterías,…).
- Seguros, taxas por autorizacións administrativas, licenzas ou similares.
- Gastos de conectividade.
- Bens adquiridos mediante arrendamento ou aluguer nin os que foran fabricados, fabricados ou desenvolvidos pola entidade solicitante.
|
|
CONCORRENCIA
|
Competitiva (por puntuación). Minimis.
|
|
PRAZO DE EXECUCIÓN
|
Dende o 01.01.2026 ata 31.10.2026
|
|
PRAZO SOLICITUDE
|
Dende o 13.03.2026 ata 13.04.2026
|
Os datos que adxuntamos baséanse na convocatoria do 2025. Non son definitivos e poden estar suxeitos a cambios. Actualizaremos a información o día 12 de marzo.
Comparte esta publicación: