Unha nova web: subvencións e axudas a punto de click
DM Axudas e Subvencións mellora a súa atención na rede: temos nova páxina web. Quixemos mellorar o noso sitio en internet para que che resulte máis sinxelo busca axudas. Para darche un mellor servizo. Buscar e tramitar subvencións ou axudas con nós é agora aínda máis sinxelo. Tanto ten que sexas autónomo ou autónoma, que representes a unha pequena ou mediana empresa, comunidade de bens… Queremos axudarche a impulsar o teu esforzo.
A nosa nova oficina na rede incorpora melloras importantes en usabilidade: buscar axudas ou subvencións resultarache máis sinxelo grazas ao buscador e aos filtros por tipos de subvencións: sexan para eficiencia enerxética, contratación, dixitalización, emprendemento, innovación…
O sitio web foi desenvolto pola empresa Orestes Comunica, axente dixitalizador do Kit Dixital, que apoiou este proxecto. Orestes Comunica é unha boutique de marketing e comunicación que dende Pontevedra e A Coruña traballa con clientes de toda Galicia, o resto de España, a UE e Colombia. O programa Kit Dixital está financiado polo Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia de España Next Generation EU no marco da axenda España Dixital 2025 e do Plan de Dixitalización da PEME 2021-2025.