|
BENEFICIARIOS
|
Empresas ou autónomos con establecementos turísticos de aloxamento e de restauración situados en municipios costeiros inscritos no Rexistro de Empresas e Actividades Turísiticas da Xunta de Galicia (REAT).
En concreto:
- Os establecementos hostaleiros, campamentos de turismo, establecementos de turismo rural, apartamentos turísticos, vivendas turísticas e albergues turísticos
- As empresas de restauración (restaurantes, cafeterías e bares).
|
|
GASTOS SUBVENCIONABLES
|
LIÑA 1 – EFICIENCIA ENERXÉTICA (inversión max. 25.000€)
Serán subvencionables aquelas que permitan mellorar a eficiencia enerxética nas instalacións de iluminación interior, en edificios, locais ou partes de edificios en uso, así como na iluminación exterior ornamental e no aparcadoiro de vehículos. Custo subvencionable terá que ser maior de 5.000 €. Entre as accións subvencionables, terán carácter indicativo e non limitativo.
- Luminarias, lámpadas e equipamento.
- Sistemas e elementos que permiten o control local, remoto ou automático por medios dixitais do acendido da iluminación e a regulación dos niveis de iluminación.
- Modificación do sistema de iluminación.
- Sistemas e elementos que permiten o control remoto ou automático por medios dixitais de instalacións destinadas a controlar:
- Sistemas de iluminación eficientes, axustándoo ás necesidades de cada momento
- Sistemas de control automático para toldos, persianas ou cortinas de todo o edificio, local ou parte do edificio utilizado como establecemento turístico, que permitan un aproveitamento óptimo da luz solar.
- Sistemas de control automático para o acendido, apagado e regulación da iluminación de edificios enteiros, locais ou partes de edificios utilizados como establecementos turísticos.
LIÑA 2 – DIXITALIZACIÓN DE RECURSOS CON POTENCIAL NO LITORAL (inversión max. 15.000€)
- Gastos derivados da transformación dixital:
- Instalación dun novo PMS (sistema de xestión de propiedades) e ERP (planificación de recursos empresariais) e integración do PMS e ERP actuais.
- Instalación de novos CRM
- Instalación de un channel manager
- Instalación de ferramentoas de visualización, consulta e analiese de datos
- Implementación de motores de reserva
- Gastos relacionados co desenvolvemento de códigos QR para o turismo.
- Gastos relacionados co desenvolvemento de ferramentas dixitais para coñecer o destino antes de visitalo (mapas con ligazóns a localizacións, vídeos de atraccións turísticas, visitas virtuais, imaxes de 360º, galerías interactivas, etc.)
LIÑA 3 – MELLORA DA FACHADA DO LITORAL GALEGO (inversión max. 250.000€)
- Revestimento e/ou pintado de paramentos cegos de fachada que actualmente estean finalizados con materiais ou solucións construtivas non adecuadas para quedar á vista, como ladrillo, bloques de formigón, formigón ou morteiro de cemento
- Renovación do acabado dos paramentos cegos de fachadas, carpinterías ou cerraxerías exteriores, que supoñan un impacto paisaxistico como consecuencia do deficiente estado de conservación ou da totalidade e/ou a intensidade da actual cor de acabado.
- Remate ou renovación do acabado exterior de cubertas que ben por estar finalizadas con placas de fibrocemento ou solucións construtivas non adecuadas para quedar á vista, ben por encontrarse nun deficiente estado de conservación, constitúan un impacto paisaxístico.
- Revestimento dos muros de peche da parcela onde se sitúa o establecemento turístico realizados con ladrillo ou bloques de formigón sen revestir.
- Gastos de elaboración do proxecto de obra e honorarios e custos da dirección facultativa das actuacións. Será subvencionable ata 5 % da inversión, cun límite de 5.000€.
|