Axuda Descrición
PROMOCIÓN DO EMPREGO AUTÓNOMO 2026
|
|
OBXECTIVO
|
Apoiar ás persoas desempregadas que inicien a súa actividade empresarial como persoas traballadoras autónomas.
Hai dúas liñas:
- Liña 1: axuda para o inicio da actividade económica e mantemento do emprego como persoa traballadora autónoma.
- Liña 2: axuda para sufragar os gastos do mantemento da actividade por conta propia, equivalente a 12 meses da contía da cota reducida.
|
|
BENEFICIARIOS
|
Persoas que causen alta no réxime de autónomos ou en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou en mutualidade do colexio profesión entre o 1 de outubro do 2025 ata o 30 de setembro do 2026, coas seguintes condicións:
Para a liña 1:
- Estar inscrita como demandante de emprego nos servizos públicos de emprego no momento do alta como persoa autónoma. No caso de mutualistas, carecendo de ocupación efectiva segundo o informe de vida laboral no momento do inicio da actividade laboral.
- Iniciar a actividade antes da solicitude da subvención.
- Non ter ningún alta como persoa autónoma desde o 17 de xaneiro de 2021.
- Estar dado de alta no imposto de actividades económicas (IAE).
- Desenvolver a actividade empresarial e profesional en Galicia.
- Ter o domicilio fiscal en Galicia con anterioridade á solicitude da subvención.
Para a liña 2:
- Ser persoa autónoma beneficiaria da cota reducida no momento da solicitude.
- Estar inscrita como demandante de emprego nos servizos públicos de emprego no momento do alta como persoa autónoma. No caso de mutualistas, carecendo de ocupación efectiva segundo o informe de vida laboral no momento do inicio da actividade laboral.
- Iniciar a actividade antes da solicitude da subvención.
- Estar dado de alta no imposto de actividades económicas (IAE).
- Desenvolver a actividade empresarial e profesional en Galicia.
- Ter o domicilio fiscal en Galicia con anterioridade á solicitude da subvención.
- No suposto de persoas socias de sociedades mercantís, sociedades laborais, cooperativas de traballo asociado e administradores das mesmas, estas deberán ser de nova creación, é dicir, aquelas que inicien a actividade empresarial desde o 30 de setembro de 2025, segundo a data que figure no Imposto de actividades económicas ou, no seu caso, na data de alta no censo de obrigados tributarios da Axencia Estatal da Administración Tributaria
|
|
IMPORTE
|
Max. 7.000€
A contía será:
- 2.000 euros para persoas desempregadas en xeral.
- 4.000 euros para o caso de persoas desempregadas que se atopen nalgún dos seguintes colectivos, que non serán acumulables:
- Persoas menores de 30 anos.
- Persoas desempregadas de longa duración (parados 360 dos últimos 540 días).
- Persoas desempregadas con discapacidade ou en situación de dependencia.
- Persoas desempregadas que se atopen en situación ou risco de exclusión social.
- Persoas desempregadas que teñan a condición de emigrante retornada.
- Persoas desempregadas que teñan a condición de estranxeira.
- Persoas maiores de 52 anos.
A contía base correspondente incrementarase nun 15% nos seguintes casos:
- Se a persoa incorporada é unha muller.
- No caso de que o centro de traballo ou domicilio fiscal da persoa autónoma atópese nun concello rural.
- Persoas maiores de 45 anos (agás se se solicitou a liña para maiores de 52 anos).
- Persoas trans.
- Profesións e oficios nos que a muller estea subrepresentada, segundo informe do Instituto Galego das Cualificacións.
Estes cinco incrementos son acumulables, ata un posible máximo de 7.000 €.
|
|
CONCORRENCIA
|
Non competitiva. Por orde de entrada e expediente completo.
|
|
COMPATIBLIDADE CON AXUDAS
|
Esta axuda é incompatible con:
- EMEGA 2026
- PROGRAMA NOVA OPORTUNIDADE 2026
- CALQUER OUTRA AXUDA POLOS MESMOS CONCEPTOS E A MESMA FINALIDADE
|
|
PRAZO SOLICITUDE
|
dende o 11.02.2026 ata 30.09.2026
|
Información e tramitación axuda:
Tlf: +34 601 544 514
@: info@dmsubvencionaxuda.com
Comparte esta publicación: