EMPRENDEMENTO PLUS

A aplicación remata: 31 de Marzo de 2026
Contacta para obter axuda

Solicita esta axuda

Tramitación das axudas ata:
31 de Marzo de 2026

Axuda Descrición

EMPRENDEMENTO PLUS

OBXECTIVO Apoiar a inversión e a creación de emprego co obxectivo de fortalecer e consolidar iniciativas de emprendemento de persoas autónomas e pemes
BENEFICIARIOS Autónomos, Pemes, sociedades cooperativas e laborais con domicilio fiscal en Galicia e o inicio da actividade con 42 meses de antigüidade.
CONTÍA AXUDAS
INVERSIÓN PORCENTAXE
Entre 10.000€ e 30.000 € 60% da inversión
Entre 30.001€ e 50.000€ 55% da inversión
Entre 50.001 e 100.000€ 50% da inversión
Entre 100.0001€ e 200.000€ 45% da inversión

As contratacións subvencionarase con 6.000€, tanto indefinidas como fixas descontinuas.

Nota: Inversión mínima 10.000€

GASTOS SUBVENCIONABLES Son subvencionables os gastos dende o 1 de xaneiro ata o 31 de outubro do 2026. Hai 2 anualidades, 2026 finaliza o 31 de outubro 2026 e a do 2027 dende o día seguinte ata o 31/10/2027.

  • Equipamento informático
  • Activos intangibles: Páxina web, patentes, licencias, programas informáticos …
  • Inversión en eficiencia enerxética (toda compra que produtos que reduzan o consumo enerxético), cambio do sistema de iluminación, cambio de maquinaria…
  • Substitución de máquinas e instalacións de enerxías fósiles a enerxías limpas
  • Adquisición de bens de equipamento e mobiliario: máquinas, medios de protección do medioambiente, mobiliario…
  • Reformas e habilitación das instalacións do local de negocio: reparacións, decoración ou ornatos (incluída a rotulación) sempre e cando NON se modifique a estrutura do local.
  • Custos indirectos do proxecto. Max. 3% do orzamento do proxecto.
CONTRATACIÓNS SUBVENCIONABLES Serán subvencionables as contratacións de persoas desempregadas para o proxecto que cumpran os seguintes requisitos:

  • Que figure como demandante de emprego e que non teña ocupación segundo o informe de vida laboral da SS.SS
  • Contratacións dende o 1 de xaneiro ata o 31 de outubro 2026.
  • As contratacións deberán estar comunicadas a través da aplicación contrat@
  • Deberán ser contratos indefinidos e a tempo completo ou fixos descontinuos con duración min. De 9 meses e a xornada completa
CONCORRENCIA Competitiva
COMPATIBILIDADE CON AXUDAS SÍ. Mínimis
PRAZO SOLICITUDE 1er TRIMESTRE 2026

Os datos que adxuntamos baséanse na convocatoria do 2023. Non son definitivos e poden estar suxeitos a cambios. Actualizaremos a información dispoñible. Os datos son só estimativos.