Bono enerxía PEME

22 de Maio de 2024
Application ends: 26 de Xuño de 2024
Apply Now

Solicita esta axuda

Prazo e tramitación axuda:
26 de Xuño de 2024
6000

Axuda Descrición

Obxectivo

Mellora da eficiencia enerxética en empresas.

Beneficiarios

Empresas e autónomos. CNAE:

  • Comercio: 45 a 47 (talleres mecánicos…)
  • Transporte e almacenamento, 49 a 53
  • Hostelería: 55 e 56 (aloxamento e restauración)
  • Información e comunicacions, 58 a 63
  • Activ financieiras e seguros, 64 a 66
  • Inmobiliaria, 68
  • Actividesde profesionais, científicas e técnicas, 69 a 75
  • Administración e serv. auxiliares, 72 a 82
  • Educación, 85
  • Sanidade e serv sociais, 86 a 88
  • Actividades artisticas, recreativas e de entretenemento, 90 a 93
  • Outros servizos: 94 (reparación ordenadores …) a 96
Contía

6.000€

% de axuda

80%

Importe proxecto

Mínimo 1.000€ . Ou 200 se só asesoramento. Solicitude por centro de traballo.

Gastos subvencionables
  1. Asesoramento enerxético: diagnósticos e auditorías (importe axuda- consumo anual)
  2. Investimentos en equipamentos consumidores de enerxía ou elementos que contribúan a unha xestión enerxética eficiente. Centros de traballo en Galicia
  • Envolvente: elementos de control solar (toldos ou láminas de control solar e/ou  térmico (cor branca e/ou negra e sen publicidade)
  • Iluminación: renovación de equipamentos de iluminación interior e/ou exterior,  incluídos rótulos e escaparates, por outros que utilicen tecnoloxía LED e os elementos de control asociados.
  • Instalacións eléctricas:  (renovación de transformadores, incorporación ou renovación de sistemas de alimentación ininterrompida, compensación de enerxía reactiva, instalación de filtros economizadores ou similares).
  • Equipamento: (cafeteiras, lavalouzas, lavadoras, secadoras, pasadoras de ferro, vending, mobles frigoríficos, autoservizo) e calquera equipamento de consumo enerxético propio do establecemento (mín. cat.B)
  • Climatización: equipamentos (fixos e permanentes) que reduzan o consumo de enerxía de climatización, ventilación e auga quente sanitaria. Mín: Potencia térmica nominal 5 kW e categoría B. (recuperadores de calor, de sistemas de arrefriamento gratuíto, a mellora dos illamentos da instalación de climatización, sistemas de movemento de fluídos caloportadores e de regulación e control -sistemas de regulación en función de medicións de CO2 ou da temperatura exterior, billas economizadoras accionadas mediante infravermellos e outros-.
  • Inmótica: sistemas domóticos e/ou inmóticos que permitan xestionar a enerxía e o gasto enerxético de forma máis eficiente.
  • Non serán subvencionables:
  • Legalizacións pago de taxas e licencias.
  • Operacións de mantemento (simple reposición de lámpadas, elementos funxibles…).
  • Instalación de xeración eléctrica fotovoltaica.
  • Equipamento xa subvencionado.