AXUDA GALICIA EXPORTA EMPRESAS 2026

A aplicación remata: 30 de Setembro de 2026
Contacta para obter axuda

Solicita esta axuda

Tramitación das axudas ata:
30 de Setembro de 2026

Axuda Descrición

GALICIA EXPORTA EMPRESAS 2026

OBXECTIVO

Facilitar a internacionalización e apoiar as empresas para que incrementen a sua presencia en mercados exteriores, para as seguintes accións:

  • Accións de promoción
  • Marketing e comunicación internacional
  • Accións de prospección en mercados internacionais
  • Accións de operatividade da internacionalización

BENEFICIARIOS

PEMES:

  • Min. 1 centro de traballo en Galicia
  • Min. 1 traballadores por conta allea (Se a empresa está constituída con menos de 42 meses de antigüidade queda exento de este requisito)
  • Alta con informe positivo no programas avanzados do Igape de apoio á internacionalización (IG192 antes do prazo da presentación da axuda)

CONTÍA

Max. 150.000,00€

Anticipo: 50% da subvención concedida.

Inversión mínima 3.500€

% AXUDA

70% sobre custe directos + 7% fixo como custos indirectos.

GASTOS SUBVENCIONABLES

Son subvencionables os gastos realizados entre o 1 de xaneiro do 2026 ata o 15 de decembro do 2026.

  1. PROMOCIÓN INTERNACIONAL

Inclúe:

  • Participación como expositores en feiras
  • Participación activa en outros eventos expositivos de carácter internacional
  • Misións comerciais directas
  • Misións comerciais inversas

Custos subvencionables:

  • Aluguer de espazos e/ou stand, e servizos relacionados coa participación na feira ou evento, por exemplo: dereitos de inscrición, montaxe e desmontaxe de stand, aluguer de mobiliario e equipamento, alugueiro de equipos audiovisuais, participación en actividades paralelas organizadas no marco da feira; contratación de intérpretes, modelos ou persoal de apoio.
  • Gastos de envío de mostras sen valor comercial e de catálogos.
  • Gastos de asistencia externa no destino para a elaboración de axendas de reunións e a organización das actuacións anteriores.
  • Gastos de intérpretes.
  • Gastos de viaxe e aloxamento: serán subvencionables os gastos de viaxe correspondentes a un máximo de dúas persoas por empresa participante. Inclúese: billetes de avión, teren, bus, barco e desprazamentos internos que sexan necesarios para o desenvolvemento da acción, incluídos os desprazamentos internos dentro do país.
  • Aluguer de vehículos sen condutor. Exclúense os gastos de taxi e VTC.
  • Aloxamento no destino final, en réxime de aloxamento e almorzo, na cidade de celebración da feira ou evento expositivo ou da misión comercial, ou nos seus arredores.
  • Para misións comerciais inversas son subvencionables os gastos mencionados. Inclúese os desprazamentos internos en Galicia, gastos de intérpretes e aluguer de salóns e espazos de traballo.

B) COMPETITIVIDADE INTERNACIONAL:

  • Compra de espazos publicitarios e inserción de anuncios en medios de comunicación impresos ou dixitais, con difusión no estranxeiro. Campañas realizadas dentro do prazo de execución do proxecto. Non serán subvencionables os gastos de deseño e elaboración das campañas.
  • Compra de espazos publicitarios e inserción en catálogos en papel ou dixitais e/ou páxinas web de importadores/distribuidores no estranxeiro.
  • Gastos para a elaboración de catálogos en papel ou dixitais para a súa difusión en mercados estranxeiros. Este gasto só será subvencionable cando estea vinculado á execución de polo menos unha acción de promoción.
  • Gastos de servizo de consultoría para a elaboración de documentos que inclúan a metodoloxía enfocada a descubrir novos mercados internacionais para a empresa a través do estudo da competencia en ditos mercados, tales como análise de competidores, identificación de boas prácticas, benchmarking funcional e similares.
  • Gastos de servizo de consultoría para accións de seguimento de contactos ou de clientes xa existentes no estranxeiro, dirixidos á consolidación do negocio e á implantación promocional no destino.
  • Gastos de consultoría, asistencia xurídica e técnica para a xestión de acordos comerciais internacionais, certificacións, homologacións e rexistros de marcas e patentes de produtos e servizos para o estranxeiro, informes de liberdade de operación (freedom to operate) ou similares; adaptacións do produto necesarias para a súa comercialización no mercado de destino, así como asesoramento para a loxística internacional.
  • Servizos para a tradución de documentación.
  • Gastos de taxas específicas e inherentes aos servizos, sempre que estean relacionados coa actuación subvencionada e sexan indispensables.

Gastos non subvencionables: Custos de mailing, convites, material de papelería, tarxetas, sobres, carpetas, listas de prezos e calquera material que non estea dirixido a fins promocionais, carteis, manuais de instrucións, flyers, displays, produtos de merchandising e outros agasallos promocionais.

C) INTERNACIONALIZACIÓN DIXITAL E E-COMMERCE:

  • Creación de novas tendas en liña ou adaptación das existentes para promover a venda en mercados internacionais, así como o pagamento de cotas para a introdución dos produtos da empresa en plataformas de comercio electrónico no mercado obxectivo. Non se inclúe o mantemento e actualización anual da páxina web.
  • Creación e adaptación de catálogos en liña para o marketing e as vendas en mercados electrónicos obxectivo, tanto B2B como B2C.
  • Campañas de inbound marketing internacional para lograr captar, reter, converter e fidelizar usuarios de interese obxectivo do negocio en liña.
  • Solucións de analítica e visualización de datos para elaborar cadros de mando con indicadores (KPI’s) para o seguimento e optimización das canles de venda e marketing en liña.

CUSTOS INDIRECTOS

Son aqueles custos distintos dos custos directos subvencionables, que non poden vincularse directamente á actividade subvencionada, pero resultan necesarios para a súa realización. Inclúense aquí os gastos administrativos (como xestión administrativa e contable), subministracións (comunicacións, auga, electricidade, calefacción, teléfono), seguros, mantemento ou limpeza.

NOTA: Só se poderá presentar e aprobar 1solicitude por beneficiario.

CONCORRENCIA

Por orden de entrada (expediente completo)

PRAZO EXECUCIÓN

Dende o 01.01.2026 ata o 15.12.2026

PRAZO SOLICITUDE

Dende 28.01.2026 (9:00) ata 30.09.2026 (14:00)

Información e tramitación axuda:

Tlf: +34 601 544 514

@: info@dmsubvencionaxuda.com