Comercio: Dixitalización e modernización

Pechado.
Tramitación das axudas ata:
Pechado.

Axuda Descrición

Comercio: Dixitalización e modernización

OBXECTIVO Transformación dixital e modernización do sector comercial e artesanal
BENEFICIARIOS Persoas xurídicas ou físicas/comunidades de bens

  • Comercio retallista
    • Peme, – 10 traballadores
    • Actividade+domicilio social en Galicia
    • Establecemento: – 300 m (excepto 653.1: mobles)
    • Actividades reguladas
  • Obradoiros artesáns
    • Rexistro xeral de artesanía de Galicia (ata 16.02.2026)
CONTÍA
  • Liña de dixitalización comercial e innovación comercial: max. 15.000€
  • Liña modernización comercial: max. 16.000€
  • Liña sustentabilidade ambiental: max. 2.000€
% AXUDA 80%
ACTUACIÓNS

SUBVENCIONABLES

As actuacións subvencionables teñen de prazo para o seu desenvolvemento dende o 25/10/2025 ata o 13/11/2026.

  1. Liña de dixitalización comercial e innovación comercial:

Actuacións dirixidas á dixitalización da contorna comercial omnicanle e á transformación dixital do punto de venda e do modelo de negocio.

Actuación subvencionable Investimento máx. subvencionable
Implantación ou mantemento de páxina web con ou sen venda en liña. A páxina web deberá cumprir os requisitos que figuran no anexo IV 1.200,00 €
Sistema TPV, impresora de tíckets, caixón portamonedas, lector de códigos de barras, impresora de etiquetas/código de barras e báscula dixital 1.200,00 €
Software de xestión adaptado á actividade comercial (programas de xestión comercial, de xestión do comercio electrónico, de pagamento, de control de stocks, tecnoloxía RFID, sistema de facturación electrónica que deberá estar homologado pola AEAT, etc.). Inclúese a implantación do software e a formación necesaria para o seu uso 5.000,00 €
Ferramentas de posicionamento dixital (SEO, SEM, ADS). 2.500,00 €
Xestor de redes sociais e imaxe dixital 2.000,00 €
Etiquetaxe electrónica para lineais de venda 2.500,00 €
Sistemas de click and collect e lockers dixitais 2.500,00 €
Solucións de ciberseguridade 2.000,00 €
Asistentes virtuais e sistemas dixitais interactivos (chatbots) 1.000,00 €
Aplicacións para dispositivos móbiles (m-commerce) 2.500,00 €
Pantallas e escaparates virtuais con ou sen interacción coa clientela 5.000,00 €
Memoria do proxecto de dixitalización elaborada por enxeñaría informática colexiada. 2.000,00 €

Investimento máximo subvencionable 18.750,00€

  1. Liña de modernización comercial:
Actuación subvencionable Investimento máx. subvencionable
Obras de acondicionamento e reforma da superficie de exposición e venda do establecemento comercial, adquisición de moblaxe auxiliar destinada á mellora da imaxe comercial e adquisición de moblaxe expositivo de produtos 5.250,00 €
Servizos profesionais de elaboración e redacción do proxecto de interiorismo e decoración 2.000,00 €
Portas automáticas ou con brazo mecánico 2.000,00 €
Sistemas de iluminación enerxeticamente eficientes e sensores de presenza para a regulación automática de luces 2.000,00 €
Sistemas de climatización enerxeticamente eficientes 4.000,00 €
Actuacións de mellora da fachada e illamento térmico e acústico e colocación de toldos e rótulos do establecemento comercial 2.000,00 €
Adquisición de equipamentos propios da actividade comercial e artesanal 5.000,00 €
Aparatos e de aromatización e fío musical 1.000,00€

Investimento máximo subvencionable 20.000,00€

  1. Liña sostenibilidade ambiental

Consideraranse subvencionables as seguintes actuacións dirixidas á redución das cantidades de embalaxe mediante a adaptación do seu tamaño e forma á dimensión e formato dos produtos:

  • Caixas de cartón 100 % reciclado.
  • Sobres de cartón ou papel 100 % reciclado.
  • Papel vexetal.
  • Recheos para embalaxe (recheos vexetais e proteccións acolchadas de papel 100 % reciclado).
  • Bolsas de papel 100 % reciclado.
  • Bolsas de tea de algodón 100 %.
  • Bolsas de tea de liño 100 %.
  • Bolsas de tea de cánabo 100%

Investimento máximo subvencionable 2.500€

CONCORRENCIA Non competitiva. Por orde de entrada e expediente completo
COMPATIBILIDADE CON AXUDAS Non. Mínimis
PRAZO SOLICITUDE Dende o 16.01.2026 ata 16.02.2026

Información e tramitación axuda:

Tlf: +34 601 544 514

@: info@dmsubvencionaxuda.com