ATRACCIÓN DE EMPRESAS A GALICIA

A aplicación remata: 30 de Setembro de 2025
Contacta para obter axuda

Solicita esta axuda

Tramitación das axudas ata:
30 de Setembro de 2025
35.000 - 35.000.000

Axuda Descrición

ATRACCIÓN DE EMPRESAS A GALICIA 2025

OBXECTIVO

Potenciar a posta en marcha de grandes proxectos de investimento empresarial en Galicia, coa finalidade principal de fomentar a actividade económica na comunidade autónoma e o mantemento e a creación de emprego, así como a captación de novas iniciativas empresariais a Galicia, mediante o seu crecemento ou transferencia, sen renunciar ao crecemento e mellora das empresas existentes nin á creación e posta en marcha de novas iniciativas empresariais.

BENEFICIARIOS

Pequenas e medianas empresas que teñan previsto realizar un investimento nun centro de traballo situado na Comunidade Autónoma de Galicia

CONTÍA

Max. 3.500.000,00€

% AXUDA

  • 35% pequena empresas
  • 25% medianas empresas

Nos sectores industriais do carbón, aceiro e ferroaliaxes e no sector do transporte e infraestruturas relacionadas, as axudas serán:

  • 20% pequenas empresas.
  • 10% medianas empresas.

IMPORTE PROXECTO

Min. 800.000€ Max. 10.000.000€

Se o proxecto xera un mínimo de 25 postos de traballo con contrato indefinidos a tempo completo, a inversión mínima podera ser de 100.000€.

TIPO DE PROXECTOS SUBVENCIONABLES

Son subvencionables os gastos realizados despois da solicitude, ata 24 meses despois nunca podendo pasar do 31 de marzo de 2028.

Serán subvencionables os investimentos en activos fixos, ou alternativamente os custos salariais dos novos contratos de carácter indefinido e a tempo completo vinculados ao investimento, cando o proxecto responda a unha das seguintes tipoloxías:

    • Creación dun novo establecemento:
      • Creación dun primeiro establecemento.
      • Creación dun novo establecemento noutra localización diferente ou por traslado con ampliación da capacidade produtiva.
    • Ampliación de capacidade dun establecemento existente.
    • Diversificación da produción dun establecemento existente en produtos que anteriormente non se producían no mesmo: a produción dun establecemento existente en produtos que anteriormente non se producían no mesmo, o investimento subvencionable deberá superar o 200 % do valor neto contable dos activos que se reutilizan.
    • Cambio fundamental no proceso global de produción do produto ou produtos afectados polo investimento no establecemento: a implementación dunha innovación no proceso global de produción que impliquen o uso por primeira vez de métodos de organización que inclúan melloras nas rutinas e procedementos de xestión do traballo, dos sistemas de produción ou a integración de áreas funcionais da empresa.

ACTUACIÓNS SUBVENCIONABLES

  1. Obra civil e outros conceptos inmobiliarios:
    • Nova construción, reforma ou rehabilitación de instalacións levadas a cabo en inmobles ou terreos propiedade da persoa solicitante, ou sobre os que a persoa solicitante teña un dereito de superficie ou unha concesión administrativa.
    • Reformas de instalacións levadas a cabo en inmobles alugados.
    • Adquisición de edificacións ou construcións novas ou usadas.
    • Construcións por cambio de localización dentro da Comunidade Autónoma de Galicia
  2. Bens de equipo: maquinaria de proceso, instalacións específicas para a actividade subvencionable, utillaje, equipos e medios de transporte interno, vehículos especiais de transporte externo, medios de protección do ambiente e outros bens de equipo.
  3. Outros investimentos en activos fixos: mobiliario, equipos para procesos de información e envases ou embalaxes que, polas súas características, deban considerarse como inmobilizado.
  4. Aplicacións informáticas directamente vinculadas con proceso produtivo, que cumpran os seguintes requisitos:
    • Utilización exclusiva no establecemento beneficiario da axuda.
    • Ser amortizables.
    • Adquisición en condicións de mercado a terceiros non vinculados co comprador.
    • Deben formar parte do activo da empresa e permanecer vinculados ao proxecto subvencionado durante, polo menos, 3 anos.
  5. Adquisición de activos dun establecemento: A adquisición de activos pertencentes a un establecemento que pechou ou que pecharía se non se adquiriu. Os proxectos non poderán consistir exclusivamente en obra civil e conceptos inmobiliarios, deben de incluír obrigatoriamente investimento nalgún outro concepto subvencionable de entre os descritos nos puntos b, c y d
  • REQUISITOS DO PROXECTO
  • Investimento mínimo subvencionable de 800.000 € e máxima de 10.000.000 €.
  • Deberán ter un investimento mínimo de 100.000 € coa creación de polo menos 25 novos empregos de carácter indefinido e a tempo completo.
  • Os proxectos NON poderán estar iniciados antes da solicitude da subvención (traballos preparatorios, como a obtención de permisos ou a realización de estudos previos de viabilidade, non se consideran inicio dos traballos). A persoa beneficiaria deberá realizar unha achega financeira mínima do 25 % dos custos subvencionables, mediante os seus propios recursos ou mediante financiamento externo, exenta de calquera tipo de axuda pública.
  • Son subvencionables os investimentos en calquera actividade económica, exceptuando as seguintes:
    • Produción e distribución de enerxía e infraestruturas enerxéticas.
    • A fabricación, a transformación e a comercialización de tabaco e produtos do tabaco.
    • A produción, a transformación, o transporte, a distribución, o almacenamento ou a combustión de combustibles fósiles.
  • Tampouco se subvencionarán os seguintes tipos de investimento:
    • A construción de centros que presten servizos de formación.
    • Infraestruturas residenciais para colectivos en risco de institucionalización.
    • Clausura ou a construción de centrais nucleares.
    • Investimentos destinados a reducir as emisións de gases de efecto invernadoiro.
    • Infraestruturas aeroportuarias.
    • Investimentos en eliminación de refugallos en vertedoiros.
    • Investimentos en aumentar a capacidade das instalacións para o tratamento de refugallos residuais, coa excepción de investimentos en tecnoloxías para recuperar materiais de refugallos residuais con fins de economía circular.

CONCORRENCIA

Por orde de entrada

COMPATIBILIDADE CON AXUDAS

Non está incluída en minimis.

GASTOS SUBVENCIONABLES

Dende solicitude ata 24 meses despois. Non escedendo o 31.03.2028

PRAZO SOLICITUDE

Dende o 07.02.2025 ata 30.09.2025