Show Sidebar

Ampliación do prazo para a liña de axudas de 5M€ para o embelecemento de establecementos na franxa da costa

Informámosche de que se amplía o prazo para optar á liña de axudas dotada con 5 millóns de euros, destinada ao embelecemento de establecementos turísticos e de restauración localizados na franxa da costa galega, no marco do Plan do Litoral da Xunta de Galicia.

O novo prazo para presentar solicitudes esténdese ata o 12 de decembro de 2025.

Quen pode beneficiarse

Poden acceder a esta convocatoria os titulares de establecementos turísticos de aloxamento (hoteis, campamentos, turismo rural, etc.) e de restauración (restaurantes, cafés, bares) situados en municipios costeiros de Galicia.

Que actuacións se subvencionan

A convocatoria inclúe tres liñas de actuación:

  • Eficiencia enerxética: mellora da iluminación ou das instalacións exteriores do edificio.
  • Dixitalización: desenvolvemento de códigos QR, ferramentas dixitais informativas, entre outras.
  • Mellora de fachada: revestimento ou pintado, renovación de carpintarías exteriores, mellora estética de cubertas ou muros de peche.

Máis información

Podes consultar todos os detalles aquí: https://dmsubvencionaxuda.com/axuda/embelecemento-do-litoral-galego-turismo-xunta-da-galicia/